Cando fas unha reserva en O Loxe Mareiro, preparamos unha mesa na terraza para o aperitivo e despois da comida "Todo comeza e acaba no mar". e deixamos unha réplica no comedor para a túa experiencia. Un paseo pola nosa casa, que ese día será a túa.

O noso Menú Arousa; (ou como comer a ría) é un menú degustación baseado en produtos locais e de proximidade. O prezo é de 65€ por persoa IVE incluído.

Non inclúe bebidas e ese día teremos a oportunidade de aumentar este menú cos nosos mariscos a puñados ou ca nosa caixa de bivalvos (+20€), para que poidades facer un aperitivo na terraza e vivir a experiencia completa.